Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva do material dun só uso necesario para a realización de técnicas de laparoscopia (expediente MI-EIP1-17-012).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da EOXIPS.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MI-EIP1-17-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material dun só uso para a realización de técnicas de laparoscopia para os centros do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: si/vinte e catro (24).

d) Lugar de execución/entrega: ver a folla de especificacións (número 14).

1º. Domicilio: ver a folla de especificacións (número 14).

2º. Localidade e código postal: ver a folla de especificacións (número 14).

e) Prazo de execución/entrega: ver a folla de especificacións (número 7).

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 33140000-3.

h) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (número 11).

4. Valor estimado do contrato: 30.527.158,86 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 10.175.719,62 €.

b) Importe total: 12.312.620,88 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: cinco por cento (5 %) do importe da licitación do lote/s, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver a folla de especificacions (números 16 e 17).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 23.10.2017.

b) Modalidade de presentación: ver a folla de especificacions (número 19).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 6 meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s (ver a folla de especificacions, número 26).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.9.2017.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos