Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47376

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Área de Financiamento).

De conformidade co establecido no punto 9 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado por Resolución do 30 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 133, do xoves, 13 de xullo, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 23 de decembro de 2016 de delegación de facultades publicada no Diario Oficial de Galicia número 23, do 2 de febreiro de 2017, tendo en conta a lista provisional coas puntuacións do proceso selectivo aprobada poIo tribunal de selección designado para o efecto para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (director/a da Área de Financiamento), e transcorrido o prazo sen terse presentado reclamacións,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta recollida na lista coas puntuacións definitivas do proceso selectivo, publicada na Resolución do 22 de setembro de 2017, do tribunal de selección, coa candidata seleccionada:

Raquel Rodríguez Espiño (50439312J).

Segundo. Solicitar á candidata seleccionada a aceptación do posto no prazo de 15 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica