Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47381

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Á vista da renuncia presentada por María del Carmen Pardiñas Añón como presidenta titular do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado por Resolución reitoral do 19 de maio de 2017, para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa da USC, publicado no Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia de María del Carmen Pardiñas Añón, como presidenta titular do tribunal cualificador que figura na convocatoria.

Segundo. Nomear a Ana María Bermejo Barrera, catedrática de universidade da USC, como presidenta titular en substitución de María del Carmen Pardiñas Añón.

Terceiro. Nomear a Angelines Cruz Landeira, catedrática de universidade da USC, como presidenta suplente en substitución de Ana María Bermejo Barrera.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela