Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Alcorga.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Alcorga e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 23.8.2017, Antonio Serén Sineiro, en representación de Antonio Serén Pérez, solicitou autorización para transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Alcorga.

Segundo. O solicitante achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Antonio Serén Sineiro (35470007M), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Alcorga.

Localización:

Cuadrícula nº: 108.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Antonio Serén Pérez (35426521N) 100 % privativa.

Novo titular: Antonio Serén Sineiro (35470007M) 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Así mesmo, e de acordo coa Resolución da Consellería do Mar do 15 de decembro de 2010, que concede unha axuda (expediente SXPA PE205B 2010/000001-0), o novo titular do ben subvencionado subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitente da axuda concedida e non efectuará ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Deberá manter os investimentos obxecto da axuda durante un período de cinco anos nos termos previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 e no artigo 24 da Orde do 22 de xaneiro de 2010, reguladora da axuda.

Dentro dos tres meses seguinte á data da transmisión, remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar unha copia do documento público de transmisión no cal se recollan as obrigas en que se subroga desde o momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de autorización de transmisión mortis causa desta batea.

O incumprimento destas obligas será causa do reintegro total da axuda recibida.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña