Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude, proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e o proxecto de restauración da ampliación do dereito mineiro número 4715.1, Dorna I, sito no concello de Toén (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición de ampliación do dereito mineiro que se cita:

Número: 4715.1.

Nome: Dorna I.

Tipo de dereito: concesión de explotación.

Peticionario: Gestión Medioambiental Avia, S.L.

Enderezo: rúa Rega, nº 6-3º A, 32500 O Carballiño (Ourense).

Data de solicitude: 8 de abril de 2016.

Superficie: 140.077 m2.

Recursos: recursos da sección C.

Concello: Toén (Ourense).

Designación:

Vértices

Lonxitude

Latitude

1

7º 59’ 20”

42º 19’ 20”

2

7º 58’ 40”

42º 19’ 20”

3

7º 58’ 40”

42º 18’ 40”

4

7º 59’ 20”

42º 18’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 3º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de setembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense