Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47349

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro do ano 2016, e febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio,
xuño, xullo e agosto de 2017

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia para accións de protección civil e colaboración na prevención de riscos nos camiños de Santiago de Compostela.

0 €

3.5.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

4.5.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

4.5.2017

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma.

60.000 €

11.5.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Únicas para os Refuxiados) para a execución do proxecto Asistencia básica para a poboación refuxiada siria en Xordania.

20.000 €

16.5.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de Protección Civil.

5.500 €

16.5.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

15.000 €

22.5.2017

Convenio para determinar o plan de actuación para 2017 que subscriben a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao programa de formación continuada de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal.

25.000 €

7.6.2017

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para continuar os traballos do portal xurídico galego e da base de datos de lexislación galega consolidada.

2.000 €

8.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Arzúa en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

7.602,31 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Melide en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.282,42 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Monterroso en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.178,67 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Palas de Rei en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.904,90 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Portomarín en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.772,33 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Santiago de Compostela en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.942,36 €

26.6.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Sarria en materia de prevención de riscos no Camiño Francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

16.317 €

9.6.2017

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á Escola de Verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2017.

25.000 €

4.7.2017

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Unidade Hidráulica de Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U., en materia de protección civil e atención de emerxencias.

0 €

6.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Aixiña.

10.200 €

6.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Chrysallis-Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais).

3.000 €

6.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais).

3.000 €

6.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico, para o mantemento da Liña 900.

17.000 €

7.7.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove para o mantemento dun grupo local de atención a emerxencias.

33.343,32 €

18.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

199.600 €

24.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas Federacións Veciñais.

65.000 €

28.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Esperanza Salnés.

15.000 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Bande e o Concello de Muíños para a execución do proxecto denominado Brigada de protección e mantemento de espazos naturais.

38.000 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado Brigada de protección e defensa do ambiente e espazos naturais.

30.000 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia-Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consorcio Local dos Peares para a execución do proxecto denominado Limpeza e roza de espazos públicos no contorno dos Peares.

9.800 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a execución do proxecto denominado Proxecto integral de actuacións para a mellora ambiental do Concello de Mondoñedo.

80.000 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto 20 anos a fondo coa solidariedade.

40.000 €

31.7.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Secretaría Xeral da Presidencia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización do proxecto Museo da Enoloxía do Condado de Tea (Centro de Interpretación do Viño).

100.000 €

2.8.2017

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución do proxecto denominado Acondicionamento e melloras do edificio da comisaría da Policía Municipal de Ourense.

50.000 €

3.8.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a colaboración na emisión de informes periciais psicolóxicos.

112.000 €

4.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cortegada para a execución do proxecto denominado Mellora e acondicionamento térmico da cuberta da casa do Concello de Cortegada.

20.000 €

7.8.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Down Pontevedra Xuntos para a realización das obras de acondicionamento e rehabilitación da nova sede da entidade.

40.000 €

14.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo para a execución do proxecto denominado Substitución de luminarias e proxectores de luz pública en varios lugares do termo municipal.

49.991,15

17.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a execución do proxecto denominado Reparación do vehículo para Protección Civil e o GES.

13.187,21 €

17.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vila de Cruces para a execución do proxecto denominado Conservación e reparación da ponte da Carixa.

40.000 €

17.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética da casa do concello.

30.000 €

28.8.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cerdedo-Cotobade en materia de protección civil e emerxencias colaborando nos gastos de funcionamento e mantemento do servizo que presta a agrupación de voluntarios de protección civil.

8.000 €

29.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a execución do proxecto denominado Actuacións urxentes nas redes de abastecemento e de captación de auga nas parroquias de Vilar e Albeos.

19.999,99 €

30.8.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Melide e o Concello de Palas de Rei, para a execución do proxecto denominado Brigada de emerxencias.

30.000 €

30.8.2017

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro
de 2016, e febreiro, marzo e abril de 2017

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do grao en pedagoxía, grao en educación social e máster universitario en igualdade, xénero e educación.

0 €

29.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concelllo de Boqueixón no marco do disposto na disposición trasitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

6.2.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concelllo de Vilar de Barrio no marco do disposto na disposición trasitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

6.2.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade), o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia e a Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, para a prevención e detección da violencia de xénero no contorno veciñal.

0 €

15.2.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG).

1.500 €

13.3.2017

Convenio de colaboración entre o Observatorio de Derecho Público, IDP Barcelona e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a elaboración do informe das comunidades autónomas e a participación no foro das autonomías.

4.235 €

13.3.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de agrupacións de voluntarios de protección civil da Coruña en materia de protección civil.

5.500 €

25.4.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de agrupacións de voluntarios de protección civil de Ourense e provincia en materia de protección civil.

5.500 €

25.4.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Padrón en materia de protección civil.

6.000 €

28.4.2017