Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de centro de atención a usuarios e soporte aos medios vencellados ao dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia (cau_incendios) (expediente 2017/PA/0035).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de centro de atención a usuarios e para o soporte dos medios TIC vencellados ao dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais, dependente da Consellería do Medio Rural.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 27.4.2017.

DOUE: 11.1.2017.

BOE: 25.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 892.531,98 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 297.520,66 €, máis 62.479,34 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 360.000,00 € (trescentos sesenta mil euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 25.9.2017.

c) Contratista: Tecnocom Telecomunicaciones y Energía, S.L.

d) Importe de adxudicación: 316.717,44 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia