Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 66/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 66/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Miguel Sánchez España, José Carlos Bouzada Dadín contra a empresa Trami Trucks World, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Despois de sinalarse para a celebración do incidente de ampliación o próximo día 26 de outubro de 2017 ás 9.50 horas, procédase á indagación domicilio das entidades executada.

Cítese a Trami Trucks World, S.L. por correo e a través do DOG e por exhorto ao Xulgado Decano dos de Santiago no domicilio rúa Santa Lucía, 56, ou Eixo, Santiago de Compostela. Cítese a Distribuciones Hermanos Fontán O Grove, S.L. e a Gaseosas Fontán e Torres, S.L. a través do DOG e por exhorto ao Xulgado Decano de Vilagarcía de Arousa no domicilio Lugar de Renza, 5, Vilaxoán. Cítese a Logística Trami Trucks, S.L. por correo no mesmo domicilio que consta en autos, Vía Edison, s/n, bloque 3, Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Trami Trucks World, S.L., Distribuciones Hermanos Fontán O Grove, S.L., Gaseosas Fontán e Torres, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza