Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VP-C 116/17.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, da proposta de resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe de sección de Inspección e Sancións do IGVS da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 19 de setembro de 2017

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

VP-C 116/17

José Antonio Rodríguez Manteiga

...199Z