Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, dunha póliza de seguro que cubra os riscos por responsabilidade civil/patrimonial.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

d) Número de expediente: 2017002171 (ref. 2441).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: contratación dunha póliza de seguro que cubra os riscos por responsabilidade civil/patrimonial do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 66516000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 65 puntos.

– Franquía xeral por sinistro: 10 puntos.

– Aumentos nos límites e sublímites mínimos por coberturas: 10 puntos.

– Inclusión de coberturas: 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 625.814,88 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 126.206,00 euros. IVE: exento. Importe total: 126.206,00 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 5) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 4) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 22 de setembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde