De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
De conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, a interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social
ANEXO
Expediente: 02/2017.
Interesada: Patricia Claudia Jaen Vidal.
DNI: *****834-Q.
Acto de notificación: acordo do 11 de agosto de 2017 de incoación de procedemento sancionador.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.