Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47236

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (230/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 230/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Tai Coruña, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 230/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, contra Tai Coruña, S.A., S.L. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno a empresa Tai Coruña, S.A. a que aboe á demandnate a cantidade de 1.284,58 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tai Coruña, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza