Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de subministración (expediente ED-05/17 SU e catro máis).

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

– Expediente: ED-05/17 SU. Subministración de equipamentos de robótica con destino ás aulas dos centros educativos de primaria que dependen da consellería.

1. Adxudicataria: Microlog Tecnología y Sistemas, S.L.

1.1. Orzamento: 149.979,98 euros.

Data de adxudicación: 28.6.2017.

Data de formalización: 19.7.2017.

– Expediente: ED-04/17 SU. Subministración de cartonaxe impresa de títulos académicos non universitarios para a Dirección Xeral de Recursos Humanos que depende da consellería.

1. Adxudicataria: Imprenta Universal, S.L.

1.1. Orzamento: 84.542,70 euros.

Data de adxudicación: 6.7.2017.

Data de formalización: 28.7.2017.

– Expediente: ED-04/17 SE. Servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material desta consellería.

1. Adxudicataria: Severiano Servicio Móvil, S.A.

1.1. Orzamento: 569.301,44 euros.

Data de adxudicación: 2.8.2017.

Data de formalización: 31.8.2017.

– Expediente: ED-02/17 XSE. Xestión do servizo de cociña-comedor nos centros residenciais docentes da Coruña, Vigo e Ourense.

1. Adxudicataria lote 1: Alimentación Saludable Gallega, S.L.U.

1.1. Orzamento: 917.664,00 euros.

Data de adxudicación: 21.8.2017.

Data de formalización: 31.8.2017.

2. Adxudicataria lote 2: Antonio Gallego Cid, S.L.

2.1. Orzamento: 642.752,00 euros.

Data de adxudicación: 21.8.2017.

Data de formalización: 31.8.2017.

3. Adxudicataria lote 3: Antonio Gallego Cid, S.L.

3.1. Orzamento: 647.328,00 euros.

Data de adxudicación: 21.8.2017.

Data de formalización: 31.8.2017.

– Expediente: ED-06/17 SE. Servizo de mantemento integral no CRD de Ourense.

1. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

1.1. Orzamento: 143.385,00 euros.

Data de adxudicación: 29.8.2017.

Data de formalización: 31.8.2017.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria