Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o requirimento para emendar unha solicitude de modificación de sociedade agraria de transformación (SAT).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para emendar unha solicitude de modificación de sociedade agraria de transformación (SAT). A eficacia do acto administrativo queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: solicitude de modificación de SAT.

Interesado: Antonio Estévez Vila.

Acto de notificación: requirimento de emenda de solicitude.

Último enderezo coñecido: Forcadela, 36740 Tomiño, Pontevedra.