Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 14 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1).

Advertido un erro no citado acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 168, do 5 de setembro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 41656, onde di: «Acordo do 14 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1)», debe dicir: «Acordo do 14 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1)».

Na páxina 41657, no punto de lexislación de aplicación, débese engadir: «Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro)».