Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da estación intermodal de Vigo-proxecto integrado Centro Vialia, estación de Vigo e terminal de autobuses, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) (expediente 2017/0090).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de setembro de 2017, relativo ao proxecto da estación intermodal de Vigo-proxecto integrado Centro Vialia, estación de Vigo e terminal de autobuses, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático