Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento microinformático (tablets) no eido de proxectos de mobilidade para o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (expediente 2017/PA/0077).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0077.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración do equipamento para proxectos de mobilidade (tablets) para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será dun mes contado a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 161.157,03 € (cento sesenta e un mil cento cincuenta e sete euros con tres céntimos).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 107.438,02 €, máis 22.561,98 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 130.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208754

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro da Amtega, Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n, localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia