Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017174AL-CO, incoado a Brais Sánchez Ansedes.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Os prazos serán os seguintes:
– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
A Coruña, 11 de setembro de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2017174AL-CO.
Interesado: Brais Sánchez Ansedes (Cafetería Óxido).
DNI/NIF/CIF: 79346116A.
Último enderezo coñecido: Queiroga, 2, baixo. Perlío, 15500 Fene.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.