Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017280AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017280AL-CO incoado a Carlos Roberto Blanco Blanco.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 11 de setembro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2017280AL-CO.

Interesado: Carlos Roberto Blanco Blanco (Rincón Maya).

DNI/NIF/CIF: 32740912K.

Último enderezo coñecido: rúa Nova de Caranza, 111, 15404 Ferrol.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.