Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración de 2.000.000 de unidades de extracción de sangue (expediente 16/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 2.000.000 de unidades de extracción de sangue dun só uso.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=144520

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 14 de abril de 2017; BOE do 29 de abril de 2017 e DOG do 25 de abril de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 281.000,00 € (sen IVE).

Valor estimado: 674.400,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de agosto de 2017.

b) Adxudicataria: Vacuette España, S.A.

c) Importe: 285.560 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 15 de setembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural