Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0022-2017 CSA e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0022-2017 CSA.

Denunciada: Pura Remuiñán Sánchez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-CO-0043-2017 IO.

Denunciado: Raúl Barbeito Fuentes.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-CO-0098-2017 VNA.

Denunciado: Manuel Cancelo Velo.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-CO-0039-2017 CSA.

Denunciada: Beatriz Irene Marchesi de Albi.

Acto de notificación: proposta de resolución.