Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2017/8-2, 8476 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: P.E. As Gándaras, rúa Ramón Mª Aller Ulloa, nº 9.

Denominación: cambio de localización do CT 3455 Vilar de Sucarral.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 50 m, con orixe no apoio 3 C-3000-18, condutor tipo LA-56 e final no centro de transformación intemperie proxectado Vilar de Sucarral.

2. Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 210 m, con orixe no centro de transformación intemperie proxectado Vilar de Sucarral, condutor RZ 95, sobre apoios de formigón, e final en conexión coa rede de baixa tensión existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 12 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo