De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectucar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 01584, 1ª fase do sistema xeral SX/eq-dc/c05/1 Cidade da Xustiza. Exp. 240/413. Tm Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Expropiante: Concello de Vigo (Xerencia Municipal de Urbanismo).
Beneficiario: Concello de Vigo (Xerencia Municipal de Urbanismo).
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoas que se notifican |
Data acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Débora González Albores Guillermo González Vázquez Elisa Leirado González |
29.6.2017 29.6.2017 29.6.2017 |
2016000217 2016000217 2016000217 |
06 06 06 |
135.553,99 135.553,99 135.553,99 |