Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de setembro de 2017 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D36.57422.

Con data do 28 de agosto de 2017 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador seguido contra Pazos Souto 2000, S.L. (t.m. Vilagarcía de Arousa) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e faiselle saber que unha copia dela atópase a súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia