Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2017/487-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Nipadi Invest, S.L.

Domicilio social: Ronda Can Rabada 2; 2º -PTA.4, 08860 Castelldefels.

Denominación: LMTS, CS polígono PPI-6, parcela 49-50.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 55 × 2 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS entre os CCTT 4 e 5 do polígono PPI-6, nunha arqueta existente, unha vez que entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con tres celas prefabricadas, con illamento e corte en SF6, situado na parcela 49-50 do polígono PPI-6, San Salvador de Budiño (O Porriño).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra