Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46607

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017

Convenio

Data de sinatura

Importe
total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a celebración da segunda edición do Programa Agrobiotech Innovación

12.5.2017

500.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte

13.7.2017

18.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

21.7.2017

25.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i, nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia

31.7.2017

50.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Kertor e Janssen-Cilag, S.A. para a creación dunha incubadora de proxectos no ámbito do descubrimento de fármacos

31.7.2017

2.050.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo de Régimen Simplificado, S.A. para o desenvolvemento da quinta edición do programa VíaGalicia

31.7.2017

2.659.245

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para o desenvolvemento de programas de I+D+i

4.8.2017

425.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

4.8.2017

295.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

4.8.2017

243.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

4.8.2017

307.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnológico Empresarial de las Ciencias de la Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e o potencial da biotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial do tecido empresarial galego no período 2017-2018

21.8.2017

93.000