Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de setembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 25, sito na Coruña, relativo ao proxecto 01481 (expediente 2017/000080).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula a María Luisa Pan Castro e outro o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 25, sito na Coruña, relativo ao proxecto 01481 (expediente 2017/000080), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas, poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01481-ensanche, mellora do trazado e afirmado da CP-0512 O Birloque-Arteixo do p.q. 3,020 ao 5,300.

Nº de expediente: 2017/000080.

Persoas que se van notificar: María Luisa Pan Castro e outro.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiados: María Luisa Pan Castro e outro.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 25.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 1.656,29 €.