Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria deTrazo (Trazo-A Coruña), para seren notificados por comparecencia das bases de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña) que se citan no anexo para seren notificados das bases da reestruturación parcelaria da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro das bases de reestruturación parcelaria mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra as referidas bases poderase interpor recurso de alzada, perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: bases da reestruturación parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña).

Interesados:

María Calo Cerqueiro.

Mª del Carmen Calviño Miramontes.

Rosa Calviño Miramontes.

Josefa Casas Calviño.

Manuel Casas Iglesias.

Carmen Castiñeiras Pichel.

Amalia Castro Noya.

José Antonio Miramontes Brea.

Mercedes Noya Noya.

Marta Oreiro Ríos.

José Pombo Leis.

Mª Jesús Ríos Lendoiro.