Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 47a, sito en Moaña, relativo ao proxecto 01635 (expediente 2017/000025).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a herdeiros de Jesús Abal Rúa o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 47a, sito en Moaña, relativo ao proxecto 01635 (expediente 2017/000025), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01635-conversión en autovía corredor Morrazo Cg-4.1. Treito: enlace Rande-enlace Cangas, subtr li: p.q. 3,250 a 7,300.

Clave: Po/12/070.02. Tm Cangas e Moaña.

Nº de expediente: 2017/000025.

Persoa que se vai notificar: herdeiros de Jesús Abal Rúa.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Expropiado: herdeiros de Jesús Abal Rúa.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Predio nº: 47a.

Concello: Moaña.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado: 5.960,27 €.