Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública da aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

A Xunta de Goberno local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18 de xuño de 2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, acordou, na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, aprobar inicialmente o Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade Oficina de Planeamiento, S.A. en virtude do servizo contratado polo Concello, e sometelo a información pública polo prazo de dous meses, de acordo co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O dito prazo de dous meses remata o 3 de outubro de 2017, dado que o anuncio ao respecto foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 147, do 3 de agosto de 2017.

Dado que o dito prazo é mínimo segundo a norma citada, sen prexuízo do prazo que resulta para os interesados que reciben a notificación regulamentaria persoal, a Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2017, acordou o seguinte:

«Primeiro. Ampliar en dous meses (ata o 4 de decembro de 2017) o período de información pública do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

Segundo. Publicar o anuncio da dita ampliación de prazo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, na páxina web municipal e nos xornais de maior difusión na provincia».

O que se fai público para xeral coñecemento e para a efectividade do acordado pola Xunta de Goberno local.

Monforte de Lemos, 25 de setembro de 2017

José Tomé Roca
Alcalde