Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (198/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 198/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Viño Vaamonde contra Plantel Servicios y Obras, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Sertran Noroeste, S.L., se ditaron resolucións cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Teresa Viño Vaamonde, fronte a Plantel Servicios y Obras, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Sertran Noroeste, S.L., parte executada, por importe de 3.319,49 euros en concepto de principal (2.539,01 euros máis 780,48 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 331,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

• Requirir a executada Plantel Servicios y Obras, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 3.319,49 euros en concepto de principal (2.539,01 euros máis 780,48 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 331,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0198 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá o embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

• Requirir a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifesten relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza