Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da planta de valorización e almacenamento de residuos industriais e urbanos non perigosos en Teixoeira-Santa Icía (clave 2017/0050).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 13 de setembro de 2017 relativo ao proxecto da planta de valorización e almacenamento de residuos industriais e urbanos non perigosos en Teixoeira-Santa Icía, promovido pola empresa Gestión Maracaná Galicia, S.L.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático