Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de reforma e ampliación dunha explotación de gando vacún de leite sita no concello de Touro (A Coruña), promovido por Ganadería Sar, S.L. (expediente 2017/0143).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de setembro de 2017, relativo ao proxecto de reforma e ampliación dunha explotación de gando vacún de leite sito no lugar de Sar, no concello de Touro (A Coruña) promovido por Ganadería Sar, S.L.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático