Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias, mediante procedemento aberto baseado nunha pluralidade de criterios, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=161415

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.17.SE.100.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 75000000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 148.760,33 €; importe total: 180.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de xullo de 2017.

b) Data de formalización: 3 de agosto de 2017.

c) Adxudicataria: Consultoría Natutecnia, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 145.890,00 €; importe total: 176.526,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias