De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do servizo xurídico-administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 15 de setembro de 2017
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: INC-CO-0159-2017 BIO.
Denunciada: Mª Candelaria Álvarez Sánchez-Ocaña.
Acto de notificación: acordo de inicio.