Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Manide-O Pirineo, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 19 de setembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/370-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Manide-O Pirineo.
Concello: Irixoa.
Predio |
Lugar |
Titular proposto/a |
Incidencia |
Data de ocupación |
9 |
Casota |
José Sanmartín Abad |
Notificación infrutuosa |
24.8.2017 |
51 |
Casota |
José Santamariña Varela |
Enderezo ignorado |
24.8.2017 |