Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Bwsun, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Bwsun, Sociedade Cooperativa Galega no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña, acordada na asemblea xeral do 14 de xuño de 2017. O domicilio social trasládase á rúa Parroquia de Guísamo, parcela A11, nave 4, polígono industrial de Bergondo, do concello de Bergondo (15165).

A Coruña, 19 de setembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña