Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44182

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría coas federacións deportivas galegas durante o cuadrimestre anterior.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á seguinte relación de convenio que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017

Data sinatura

Descrición

Importe total

16.5.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Deportiva Galega de Piragüísmo para levar a cabo as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en Verducido, Pontillón do Castro (Pontevedra)

105.000,00 €

8.6.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cabanas (A Coruña) para a construción dun circuíto de motocross

25.000,00 €

8.6.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Guntín de Pallares (Lugo) para a reparación do terreo de xogo do campo de fútbol de Guntín

20.000,00 €

22.6.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Pino (A Coruña) para a substitución da cuberta do pavillón municipal

40.000,00 €

23.6.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Monterrei (Ourense) para a construción dun campo de fútbol praia en Vilaza, Monterrei

38.760,01 €

3.7.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación galega de Hóckey, para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2017

12.889,80 €

10.7.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia (Ourense) para a adaptación dun espazo anexo á piscina municipal para ampliar o ximnasio

19.999,84 €

17.7.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal (Pontevedra) para reparacións na cuberta da bancada do campo de fútbol municipal da Mata

10.000,00 €

24.7.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Automobilismo, para a organización dos campionatos galegos de rallys no ano 2017

103.500,00 €

24.7.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Caza para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2017

1.500,00 €

24.7.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamarín (Ourense) para a realización de obras complementarias no campo de fútbol municipal de Vilamarín

55.000,00 €

24.7.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mos (Pontevedra) para a reforma de cuberta e vestiarios no pavillón de Pena de Francia

23.490,00 €

1.8.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Noia (A Coruña) para a construción dos vestiarios no polideportivo de Bergondo

59.509,47 €

8.8.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín (Pontevedra) para a reforma da pista de atletismo da Raña

245.000,00 €

9.8.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste con motivo da organización da Liga galega de traiñeiras masculina e feminina da tempada 2017

80.000,00 €

10.8.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Piragüísmo pola que se outorga a concesión do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en Verducido, Pontillón do Castro-Pontevedra, a favor da Federación Galega de Piragüismo

Sen contido económico

14.8.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vilarmaior (A Coruña) para reparacións de canalóns no polideportivo municipal de Vilarmaior

14.644,29 €

17.8.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portas (Pontevedra) para actuacións no pavillón polideportivo da Rapeira

8.367,68 €

24.8.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez para a organización dos campionatos de España en idade escolar por seleccións autonómicas correspondentes ao ano 2016

6.794,00 €

Convenio pendente de publicar subscrito no mes de abril

Data sinatura

Descrición

Importe total

26.4.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cortegada (Ourense) para obras de reparación no pavillón de deportes Marta Míguez

14.408,68 €