De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2017 por esta fundación.
Data de sinatura |
Importe con cargo ao orzamento |
Convenio |
31.5.2017 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, para a promocion e celebración de accións do programa «Compostela Móvese» no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia |
8.6.2017 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e á Asociación Cultural Pen Club de Galicia na realización e promoción de actividades culturais |
12.6.2017 |
0,00 € |
Convenio entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Cervantes para itinerancia da exposición «José Suárez. Uns ollos vivos que pensan» |
14.6.2017 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais para a celebración do evento «Conecta Fiction» na Cidade da Cultura de Galicia |
10.7.2017 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Academia Galega do Viño, S.L. para a realización de diversa formación na Cidade da Cultura de Galicia |
12.7.2017 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para facilitar ás entidades locais que se adhiran a cesión gratuíta temporal de diversos espazos da Cidade da Cultura de Galicia |
13.7.2017 |
322.033,30 € |
Acordo de cooperación interadministrativo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería do Medio Rural e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para levar a cabo a execución da fase II do Bosque de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia |
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia