Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44075

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2017 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
P.S. (Acordo do 30.6.2017)
Luis Ángel León Mateos
Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data sinatura

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lundbeck, S.A. para a colaboración na organización da actividade formativa «Biblioterapia»

15.000,00 €

8.5.2017

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Merck Sharp & Dohme de España, S.A. para a organización da actividade formativa «Políticas de saúde pública de hepatite C en Galicia. Resultados e retos»

2.000,00 €

9.6.2017

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Gilead Sciences, S.L.U. para a organización da actividade formativa «Políticas de saúde pública de hepatite C en Galicia. Resultados e retos»

2.000,00 €

9.6.2017

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento do segundo programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS2)

30.000,00 €

29.6.2017

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Novoa Santos para o desenvolvemento do segundo programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS2)

70.000,00 €

29.6.2017

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Galicia Sur para o desenvolvemento do segundo programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS2)

70.000,00 €

29.6.2017