Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44023

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., executada durante o ano 2017.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 29 de agosto de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización dos traballos de reinstalación, na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 1 de setembro 2017 ao 30 de xuño de 2018.

– Actividade: executar os traballos con suxeición ao prego de prescricións técnicas do expediente PE-ST-17001 correspondentes para a reinstalación, na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de xuño de 2018.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.03.723A.604.2, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 % (prioridade 1: fomentar unha pesca sustentable medida 1.2.1-protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar