Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de cinco (5) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal, sita na praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
De conformidade co sinalado na proposta de resolución referida, o interesado dispón dun prazo de cinco (5) días hábiles, contado desde o día seguinte á súa notificación, para achegar cantas alegacións considere pertinentes.
Vigo, 13 de setembro de 2017
Mónica Lago Fernández
Instrutora
ANEXO
Expediente: 1/2017.
Interesado: Cristóbal Fernández Domínguez.
DNI: *****099R.
Acto de notificación: proposta de Resolución do 5 de setembro de 2017.