En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Data de publicación no perfil do contratante: 15 de setembro de 2017.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: atención ao alumnado en réxime de internamento e outros servizos auxiliares que se prestarán no edificio de residencia do Centro Superior de Hostelaría de Galicia, cuxa actividade principal é o aloxamento dos alumnos matriculados no centro en réxime de internamento.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
Como unidade de cálculo terase en conta o prezo por hora de servizo.
Importe sen IVE: 8,64 €.
IVE (21 %): 1,81 €.
Importe total, IVE incluído: 10,45 €.
Importe máximo de contrato: 56.401,92 € (IVE excluído).
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 30 de agosto de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 14 de setembro de 2017.
c) Adxudicataria: Combina Social, S.L.
d) Importe de adxudicación:
Prezo por hora de servizo: 6,92 € (IVE excluído), 8,37 € (IVE incluído).
Importe máximo: 56.401.92 € (IVE excluído), 68.246,32 € (IVE incluído).
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia