1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 18 27.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17.10.2017.
d) Número de expediente: AB-SER1-17-026.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizos de soporte técnico, mantemento correctivo, xestión de proxecto e desenvolvemento evolutivo do Sistema integrado de xestión de actividade asistencial de atención primaria (Sixap).
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntos |
– Criterios non valorables automaticamente (sobre B) |
|
Metodoloxía de traballo e plan de participación de recursos |
0 - 30 |
Plan de evolución dos sistemas |
0 - 20 |
– Criterios valorables automaticamente (sobre C) |
|
Oferta económica |
0 - 40 |
Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo |
0 - 10 |
4. Valor estimado do contrato: 1.527.240 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 694.200 euros. Importe total: 839.982 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría C ou 3 ou superior.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do 17.10.2017.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 7.9.2017.
12. Outras informacións. Cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade do investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos