Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43884

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante o ano 2017.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 29 de agosto de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a realización das accións para a execución do proxecto PE-ST-17002 Reinstalación na ría de Aldán dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral sur da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 1 de setembro 2017-30 de xuño de 2018.

– Actividade: realización das accións para desenvolver todos os procedementos operativos necesarios para poñer en funcionamento a zona de reinstalación dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral Sur (Ría de Aldán) da Comunidade Autónoma durante o período 1 de setembro de 2017-30 de xuño de 2018.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de xuño de 2018.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 na aplicación orzamentaria 14.03.723A.604.2, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 % (Prioridade 1 Fomentar unha pesca sustentable, medida 1.2.1, protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños).

2. Resolución do 29 de agosto de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a realización da encomenda relativa ao apoio ás accións de coordinación, difusión e promoción da Rede e as súas actividades por parte da Secretaría Técnica así como ao apoio da organización do IV Simposio Iberoamericano de ecoloxía reprodutiva, recrutamento e pesquerías.

– Actividade: desenvolver as accións para o apoio ás accións de coordinación, difusión e promoción da Rede e as súas actividades por parte da Secretaría Técnica así como o apoio da organización do IV Simposio Iberoamericano de ecoloxía reprodutiva, recrutamento e pesquerías.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 na aplicación orzamentaria 14.01.722A.640.1 código de proxecto 2016 00324.

3. Resolución do 29 de agosto de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a realización dunha encomenda de xestión relativa ao Proxecto para o apoio á cooperación internacional do sector da pesca artesanal e acuicultura a pequena escala.

– Actividade: executar os traballos correspondentes ás accións derivadas do Proxecto para apoio á cooperación internacional do sector da pesca artesanal e acuicultura a pequena escala.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 na aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2 código de proxecto 2016 00324.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar