Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 14 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2016/139-3.

Notifícaselle, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao interesado o trámite de audiencia no expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona, anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

O interesado dispón dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada xefatura territorial de Ourense; rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 14 de setembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Domicilio

IN635A 2016/139-3

R. Cable y Telecom. Galicia, S.A.

R/ Pura y Dora, nº 2, 32002 Ourense