Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2017/491-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMTA, LAL8111060 en Albarellos.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea, a 20 kV, con condutor LA-110, de 419 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/14, no tramo LAL8111060 (cara á subestación Lalín) e final no apoio proxectado C-4500/14, no tramo LAL8111060 (LAL811 Rodeiro-Cogal). A instalación está situada en Albarellos, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo da avenida Fernández Ladreda 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra