De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territoriona da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial desta consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 28 de agosto de 2017
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: ANP-CO-0137/2017-V.
Denunciado: José Manuel López Suárez.
Acto de notificación: acordo de iniciación..