Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de mantemento de aparellos elevadores, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado (expediente AB-EIV1-17-019).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de aparellos elevadores situados nos centros dependentes da EOXI de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: entre os centros relacionados no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50750000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 36.432 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 15.840 €, IVE: 3.326,40 €. Importe total: 19.166,40 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non, ver punto 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver o prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación das solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 18 de agosto de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo