Con data do 4 de agosto de 2017, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2017291AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Makka Seedes, C.B., con CIF E27777978.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que, mediante esta cédula, se lle notifíca a Makka Seedes, C.B., con CIF E27777978, o contido do dito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Tamén se lle fai saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda núm. 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 30 de agosto de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2017291AL-PO.
Denunciada: Makka Seedes, C.B., con CIF E27777978.
Último enderezo coñecido: avenida de Madrid núm. 150, nave 3A, de Vigo, Pontevedra.
Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3 e 5; anexo II: capítulo I, puntos 1, 2, 10 e capítulo XII.
Artigo 5 do Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.
Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51.1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).